O alumnado do IES San Clemente en colaboración co IES Ordes e IES de Arzúa, elaboraron unha moi completa presentación sobre deportistas galegas de distintos ámbitos: fútbol gaélico, traíñas, ciclismo, atletismo, natación, vela… entre outros deportes.
Dende aquí, agradecemos a súa colaboración ao alumnado participante, posto que é esencial visibilizar as mulleres no eido do deporte, ás cales apenas se lles da importancia ningunha nos medios de comunicación deportivos. Podedes ver aquí a presentación. Agardamos que vos guste.