Como consecuencia da situación sanitaria, e en espera de instrucións definitivas sobre o seu desenvolvemento, o exame final correspondente ao 2º cuadrimestre da ESA, previsto en principio para o venres 12 de xuño, adíase para o venres 19 de xuño.
Cando haxa unha decisión sobre o xeito no que se deberá desenvolver, sexa presencial ou telemático, comunicarase a través da aula virtual e desta páxina web.