Informe da Secção Bilingue em Português Fundamentos de Hardware, do ciclo superior Administração de Sistemas Informáticos em Rede.
Durante o presente ano escolar, o módulo FH de 1ASIR cumpriu o quinto ano como sección bilingüe, utilizando o portugués como lingua vehicular, empregándose nas explicacións do profesor, nas interfaces das aplicacións, nos manuais que redactaron os alumnos, etc.
Estes foron os puntos indicados na memoria desta sección bilingüe:
Aspectos positivos:
- Fixemos un exame modelo do CAPLE-FLUL. 22 aprobados de 22 candidatos: 19 B1 e 3 A2. O segundo exame, de marzo, non puidemos facelo por mor do confinamento.
- 15 estudantes van realizar o exame de certificación de nivel B1 en xullo e setembro, no CAPLE, coa axuda económica do IES.
- 2 mobilidades Erasmus+ para prácticas de verán en Portugal.
- Proxecto eTwinning Letras Galegas 2020 co AE Carlos Amarante (entre outros), un centro de FP Informática de Braga. Substituímos a visita á escola socia por un kahoot.
Propostas de mellora:
- Permitir que a auxiliar de conversa teña acceso á formación da Consellaría de Educación e á plataforma eTwinning Live.
- Que a Consellaría pague as taxas dos exames oficiais de LE do alumnado, tal e como anunciou que ía facer pero finalmente non fixo.
Balance do segundo ano do Ciclo Bilingue em Português Sistemas Microinformáticos e Redes, cuxos módulos Aplicações Ofimáticas e Aplicações Web foron impartidos en lingua estranxeira.
Ademais, concluímos o primeiro Ciclo Estrela PluriFP SMR, cos módulos AO e AW impartidos integramente en portugués e traballando en asociación cun centro homólogo de Braga: AE Carlos Amarante. Os resultados continúan a ser parciais (ver informe do ano pasado) por mor do confinamento e iremos actualizalos en xaneiro de 2021.
En canto ao novo ciclo que comezou en 1SMR, a formación do alumnado continuará no próximo ano. Estes son os resultados parciais a día de hoxe:
- Exames modelo do CAPLE-FLUL. 23 aprobados de 23 candidatos: 22 B1 e 1 A2.
- 13 alumnos van realizar o exame de certificación de nivel B1 en setembro, no CAPLE, coa axuda económica do IES. O resto ten pensado facelo en novembro de 2020 ou maio de 2021.
- 6 mobilidades Erasmus+ para estudos en Braga, Viana do Castelo e Lisboa.
- 10 mobilidades Erasmus+ para prácticas de verán en Braga, Covilhã e o Porto (alumnado de 1SMR e 2SMR).
- Proxecto eTwinning Letras Galegas 2020 co AE Carlos Amarante (entre outros), un centro de FP Informática de Braga. Substituímos a visita á escola socia por un kahoot.
- Resumo dos traballos realizados en AO en portugués (non se realizou por mor do confinamento).
- Outras accións relacionadas co ciclo PluriFP: reunión coas familias / Rumo ao B1
Máis información:
- Aulas de Português antes e durante o confinamento.
- O equipo docente do centro participa no Plan de Formación Permanente do Profesorado vinculado aos ciclos Estrela PluriFP, desenvolvendo estes resultados finais.
- Propostas de mellora: Que a Consellaría organice e financie os exames de certificación de Portugués (tal e como anunciou que ía facer pero finalmente non fixo) da mesma maneira que está a facer cos de Inglés e Francés. Permitir que a auxiliar de conversa teña acceso á formación da Consellaría de Educación (por exemplo, ao PFPP vinculado ao ciclo Estrela PluriFP) e á plataforma eTwinning Live.
- Actualización 29/10/20: Resultados dos exames oficiais de portugués – Setembro 2020