A lingua inglesa está a ter unha presencia moi relevante nos ciclos formativos que impartimos no San Clemente. Describimos a continuación algunhas das actividades realizadas ó longo do curso 2019/20.
Seccións Bilingües en INGLÉS no curso 2019/20:
Módulos impartidos en inglés e galego denominados «Seccións Bilingües en Inglés»:
- Desenvolvemento web en contorno servidor (Ciclo Superior de DAW en réxime Ordinario) co profesor Rafael Veiga.
- Servizos de rede e Internet (Ciclo Superior de ASIR en réxime Ordinario) co profesor Bruno Vila.
- Programación Multimedia e Dispositivos Móbiles (Ciclo Superior DAM Ordinario) co profesor Carlos Carrión.
- Acceso a Datos (Ciclo Superior de DAM Ordinario) coa profesora Eva Pereira.
Novo Ciclo Plurilingüe en INGLÉS no curso 2019/20:
1º DAM foi o primeiro ciclo plurilingüe en Inglés no IES San Clemente. Disfrutou de dúas sesións semanais de reforzo na lingua inglesa co noso profesorado de Inglés e o apoio do AdC, Jason Schaefer na aula. Igualmente participou en diversas actividades formativas complementarias ao longo do curso.
Clases de lingua estranxeira
Foron impartidas polos membros do Departamento de Inglés:
Profesora Raquel Tarrio Vázquez
Profesora Raquel Rodríguez Blanco
Auxiliar de Conversa Jason Schaefer
Os grupos de alumnado dos seguintes cursos referidos a continuación tiveron unha hora de clase de inglés semanal integrada no seu horario lectivo agás o Ciclo Plurilingüe 1º DAM que contou con dúas horas, impartidas polo profesorado do Departamento de Inglés e que contou coa colaboración de Jason Schaefer, o noso Auxiliar de Conversa de EEUU:
- Segundo curso de Administración de Sistemas Informáticos en Rede, réxime ordinario.
- Primeiro curso de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma, réxime ordinario.
- Primeiro curso de Desenvolvemento de Aplicacións Web DUAL, réxime ordinario.
- Segundo curso de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma, réxime ordinario.
- Segundo curso de Desenvolvemento de Aplicacións Web , réxime ordinario.
Proba de nivel
O mércores 18 de decembro realizamos no centro as probas correspondentes aos tres niveis B1, B2 e C1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MECRL). Dos 49 alumnas e alumnos apuntados presentaronse 35.
O alumnado recibeu o informe individualizado dos seus resultados nas distintas probas e as recomendacións específicas para mellorar na preparación das mesmas ao longo do curso.
O Ciclo Plurilingüe 1º DAM contou cun mes de preparación para participar nas probas de avaliación lingüística en Inglés [niveis do MCER B1 (ISE I) – B2 (ISE II) – C1 (ISE III)] realizadas polo TRINITY COLLEGE LONDON no mes de febreiro e cuxa organización depende da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Dos 14 alumnos e alumnas presentados ás probas, oito conseguiron a acreditación. A nosa felicitación para todos eles. Parabéns!! Obxectivo conseguido!!
Animamos ao alumnado dos ciclos Plurilingües e dos ciclos coas Seccións Bilingües a preparar as probas de certificación de Inglés asistindo, sen falta, ás clases de Inglés durante o curso.
Conscientes da importancia da acreditación en Linguas Estranxeiras do alumnado de ciclos para acadar un mellor futuro profesional, o profesorado de Inglés terá como obxectivo número 1 nas clases de Inglés preparar a alumnado para as probas de certificación no idioma. Queremos que, cando o alumno acabe o ciclo formativo, leve tamén consigo a certificación en Inglés. Este é o noso reto para os vindeiros cursos e agardamos que nos axudedes a conseguilo.
Auxiliar de Conversa
Contamos coa colaboración da AdC, Jason Schaefer, dos Estados Unidos. Este é o primeiro ano que traballa con nós e tamén a súa primeira experiencia co alumnado de ciclos formativos.
Como puidéchedes ler na súa publicación na web do San Clemente, a súa experiencia con nós foi máis que boa e satisfactoria. O noso auxiliar colaborou activamente en múltiples actividades no centro tales como: proxectos europeos (eTwinning e Erasmus+), clases de conversa, revisión de materiais didácticos para o profesorado, tradución de documentos de centro e publicación de artigos na web do centro. Estamos de sorte pois xa sabemos que imos contar con Jason o curso que vén.
Programas Europeos e realización de prácticas no estranxeiro
O IES San Clemente participa en proxectos europeos a través dos programas eTwinning e Erasmus+.
O programa eTwinning permite a realización de proxectos nos que participa alumnado de centros de secundaria de distintos países da Unión Europea. Moitas veces a lingua utilizada é o inglés.
Grazas á participación no programa Erasmus+, os alumnos poden realizar prácticas curriculares e extracurriculares noutros países da Unión Europea. Ó longo deste curso houbo alumnos que realizaron prácticas en países tales como Irlanda e Reino Unido, o que lles permitiu non só coñecer como se vive e se traballa noutro país senón tamén mellorar o seu dominio da lingua inglesa.
Os membros do Departamento de Inglés e o equipo de profesores e profesoras integrantes das Seccións Bilingües e Ciclo Plurilingüe en Inglés agradecemos o voso traballo e implicación neste curso interrompido pola Covid-19.
Parabéns polos resultados obtidos!