Durante o presente ano escolar, no IES San Clemente realizáronse os seguintes proxectos europeos:
Mobilidades Erasmus+ KA116 e KA103 para a realización de prácticas e estudos no estranxeiro:
- Ciclo Medio, 11 mobilidades: 1 de FCTs, 3 de recén titulados e 7 extra curriculares, todas en Portugal (Lisboa, Porto, Viana do Castelo e Braga). Todas con bolsa Erasmus+ KA116 2019.
- Ciclo Medio, 12 mobilidades para estudos en Braga, Viana do Castelo e Lisboa (Portugal). Todas con bolsa Erasmus+ KA116 2018 e 2019.
- Ciclos Superiores, 6 mobilidades: 3 de FCTs, 1 de recén titulados e 2 extra curriculares. Destinos: Porto e Dublín. Todas con bolsa Erasmus+ KA103 2018 e 2019.
Job shadowing:
- 1 mobilidade saínte KA116 do profesor Marcos Arias Quintela á Covilhã.
- 10 mobilidades entrantes de profesoras e PAS do Lycée des Métiers Louis Blériot, de Trappes, Francia.
- 3 mobilidades entrantes de profesorado do Colaiste Dhulaigh College of Further Education, de Dublín, Irlanda.
Mobilidades canceladas:
- Destacamos que o número de renuncias aumentaron significativamente por mor do confinamento, tratándose dunha cantidade importante de traballo que non se reflicte nos resultados finais.
- Entre elas, dúas Incoming mobilities de alumnado do INETE de Lisboa que viña realizar as súas prácticas curriculares en empresas de Santiago de Compostela e catro job shadowing saíntes a Dublín, Lisboa e Turín.
Asociacións:
- Revalidamos os acordos de colaboración con centros homólogos.
- Creamos novos acordos co AECA de Braga e coa Fundação Alentejo de Évora.
Bolsas concedidas pola Administración para o próximo ano escolar:
- Ciclo Medio: 20 para prácticas e estudos + 1 job shadowing.
- Ciclos Superiores: 20 para prácticas + 2 job shadowing (pendentes de confirmar).
Difusión:
- Estudo de Impacto Erasmus+ 2019
- Xornada Edulingüe 2019
- Mobilidades para prácticas no estranxeiro – Ciclos Superiores – Difusión 2019
- Mobilidades para prácticas no estranxeiro – SMR – Difusión 2019
- Blogue dos participantes: AtlânticoVET
Proxectos eTwinning:
- 11 profesores e profesoras, xunto con 1 auxiliar de conversa e o alumnado de SMR e ASIR participamos nun total de 4 proxectos eTwinning: Pek, a Pulga Viaxeira #5, Christmas Cards Exchange, Letras Galegas 2020 e AtlânticoVET 2019.
- Durante este ano, recibimos tres novos Selos de Calidade Europeos polos proxectos “Um parafuso a menos”, “GaliMinho – Empreendedorismo da eurorregião” e “Letras Galegas 2019 – Antón Fraguas Fraguas”.
- Colaboración coa Embaixada eTwinning Galicia no pago e mantemento do seu sitio web.
- Renovación do Selo de centro eTwinning (eTwinning School Label) ao IES San Clemente.
- Celebración do Día internacional da Internet segura e do Día da Europa.
- Formación específica sobre eTwinning: Online Professional Development Workshop for VET teachers e Learning Event 2019: Artificial Intelligence in Education: New challenges. New opportunities
- Creación dos sitios sporakia.etwinning.gal, toxosoftware.etwinning.gal, letrasgalegas2020.etwinning.gal e etwinning.iessanclemente.net