A Proba para a obtención do título de Bacharel para maiores de vinte anos convocada segundo a Resolución do 20 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, celébrase o 3 de setembro de 2020 no IES San Clemente de Santiago de Compostela.
O alumnado deberá vir provisto de máscara e seguir tanto o protocolo que se inclúe ao pé desta información como as instrucións do profesorado que o examine. Achégase igualmente unha enquisa de autoavaliación clínica Covid-19 para que a persoa aspirante a lea con anterioridade ao día da proba e proceda responsablemente*.
O horario dos exames inclúense a seguir. O alumnado non poderá permanecer no centro no tempo que quede libre entre as distintas partes da proba. Nese tempo procederase á hixienización das aulas.
A listaxe provisional das cualificacións publicarase o 08/09/20. O prazo de reclamacións ás cualificacións abrangue do 09/09/20 ao 10/09/20. A publicación da listaxe definitiva das cualificacións terá lugar o 11/09/20.
O horario das probas é o que aparece a continuación:
Chamamento para o acceso aos espazos de realización da Proba: entre as 8:15 e as 8:30.
As persoas aspirantes identificaranse debidamente co DNI, pasaporte ou calquera outro documento legalmente recoñecido que acredite a identidade e a idade da persoa aspirante.
De 8:30 – 11:30
PARTE 1 e 2:
Lingua Galega e Literatura I e II
Lingua Castelá e Literatura I e II
De 12:00 – 13:30
PARTE 3:
Inglés I e II
Francés I e II
De 13:30 – 14:30
PARTE 4:Filosofía e Historia de España
TARDE
De 16:30 – 18:0
PARTE 1:
Matemáticas I e II (CIENCIAS)
Latín I e II (HUMANIDADES)
Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I e II (CIENCIAS SOCIAIS)
De 18:00 – 19:00
PARTE 2:
CIENCIAS HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
Física e Química e Física Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía
Física e Química e Química Economía e Economía da Empresa
Debuxo Técnico I e II Grego I e II
De 19:30 – 20:30
PARTE 3:
CIENCIAS HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía Literatura Universal e Historia da
Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía Filosofía
* Documentos achegados para consulta da persoa aspirante:
protocolo-exames-distancia-covid
1201781_enquisa-autoavaliacion-clinica-covid-19