Matrícula Anticipada (alumnado que rematou os seus estudos en anos anteriores)
- Prazo de matrícula: do 2 ao 8 de setembro de 2020
- O alumnado fará a matrícula directamente no NERTA: https://www.edu.xunta.es/nerta
Matrícula Ordinaria (alumnado que remata os estudos en setembro de 2020)
- Prazo de matrícula: 8 de setembro de 2020 (de 09:00 a 13:00 horas)
- O alumnado fará a matrícula no IES San Clemente en Santiago, aínda que os exames os fixera en outra localidade.
- Documentación a presentar: 2 fotocopias do DNI, taxa pagada do título de bacharelato LOMCE (52,94€), taxa pagada da ABAU (63,67€) e impreso de matrícula ABAU.
Os exames serán os días 15, 16 e 17 de setembro
Para calquera dúbida ou consulta poden chamar á oficina do IES San Clemente 881 867 501