O IES San Clemente forma parte do programa Amazon AWS Educate.

AWS Educate IES San Clemente
AWS Educate IES San Clemente

O 18 de Outubro de 2020 o IES San Clemente recibiu a confirmación da aceptación no programa AWS Educate (Amazon Web Services Educate), sendo o primeiro centro de Formación Profesional en Galicia rexistrado neste programa (según o PDF que publica Amazon en https://s3.amazonaws.com/awseducate-list/AWS_Educate_Institutions.pdf Na próxima actualización do listado xa aparecerá o nome do noso centro). Actualmente en Galicia soamente están integrados os departamentos de Informática da Universidade de Santiago de Compostela e o da Universidade da Coruña.

Este programa facilita o uso das tecnoloxías de Amazon ó alumnado e profesorado do IES San Clemente, de xeito gratuito (sen necesidade de introducir ningunha tarxeta de crédito).

En principio otórganse unha serie de créditos (válidos durante 1 ano dende a data de creación da conta), para poder facer uso dos servizos cloud que Amazon ofrece. A parte deses servizos que se poden empregar usando eses créditos, hai a posibilidade por exemplo, de ter unha máquina virtual gratuita funcionando durante 1 ano (f1-micro). Pódense ver todos os servizos otorgados na capa gratuita en: https://aws.amazon.com/es/free/?all-free-tier.sort-by=item.additionalFields.SortRank&all-free-tier.sort-order=asc

Tedes máis información de cómo solicitar o acceso ó programa na web de Axuda do IES San Clemente: https://axuda.iessanclemente.net

Aquí tedes os enlaces máis importantes da web de Axuda:

Para máis información ou dúbidas contactar con aws@iessanclemente.net ou abrendo un ticket na páxina de Soporte: https://soporte.iessanclemente.net

CECASACLE.