O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) xunto co Obradoiro da Igualdade, do IES San Clemente convocan o 1º Concurso de Proxectos Innovadores.
- Poderán participar os alumnos e alumnas do centro, matriculados en FP da familia de Informática en calquera das modalidades dispoñibles.
- Establécense dúas modalidades: Galego e Igualdade. Cada participante poderá entregar unha idea para o desenvolvemento dun proxecto innovador relacionado coa língua galega e/ou coa igualdade de xénero. Estes deberán ser orixinais, inéditos e innovadores.
- A extensión da descrición da idea do proxecto debe ser entre 200 e 1000 palabras. Debe conter: un título, unha breve descrición, obxectivos, tecnoloxías que se empregarían na súa implementación e calquera outra información relevante.
- Os traballos deberán enviarse en formato PDF por correo electrónico a edlg@iessanclemente.net indicando o título, modalidade/s á/s que opta e datos persoais do/da participante (nome, apelidos e ciclo).
- O prazo máximo para a entrega dos traballos é o 30 de abril de 2021 ás 23:59 horas.
- Haberá un primeiro premio de 200€ e un segundo de 100€ en material escolar e informático, para cada unha das modalidades. Os premios non poderán quedar desertos. En caso de que a proposta gañadora do primeiro premio sexa implementada pola mesma persoa que a ideou, durante o ano natural 2021, faráselle entrega dun complemento de 300€.
- O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo do ensino.
- O veredicto do xurado, que será inapelable, e darase a coñecer no mes de maio.
- A participación no concurso supón a aceptación destas bases.