Exames finais da ESA do venres 29 de xaneiro

En relación ao exame final do primeiro cuadrimestre da ESA, do vindeiro venres 29 de xaneiro:

  • Terá lugar de xeito presencial, nos mesmos lugares nos que se fixeron os da 1ª avaliación, agás Lousame e o IES de Teis de Vigo. Todo o alumnado de Vigo examinarase na EPA do Berbés. A lista completa de sitios nos que se examinará é a seguinte: A Coruña, Arzúa, Boiro, Cabo de cruz, Camariñas, Dumbría, Negreira, Rianxo, Santa Comba, Santiago de Compostela (IES San Clemente), Vigo (EPA Berbés soamente) e Verín.
  • Durante a realización dos exames apricarase o seguinte protocolo, que deberá ser coñecido por todo o alumnado asistente.
  • Nalgúns casos, en función das restricións activas na data do exame, será necesario que o alumnado leve consigo o certificado de mobilidade que pode descargar dende a dirección https://aulavirtual.iessanclemente.net/certificados.aspx.
  • Como medida adicional, dada a situación epidemiolóxica que estamos sufrindo nestas datas, para a asistencia ao exame será obrigatorio que o alumnado realice previamente a enquisa de autoavaliación clínica e leve consigo e entregue o mesmo día do exame a seguinte declaración responsable debidamente cumprimentada e asinada. Non se permitirá a entrada ao exame ao alumnado que non a entregue.
  • Ao tratase dun examen final, aquel alumnado que estea infectado ou illado como consecuencia da COVID-19, poderá solicitar a realización de exames por videochamada en data e hora a concretar polo profesorado responsable de cada ámbito. Esta solicitude deberá realizarse antes do venres 29 mediante correo dirixido á xefatura de estudos a través da aula virtual, e será atendido únicamente naqueles casos que foron previamente reportados ao equipo COVID do IES San Clemente e acompañen algún informe que acredite a súa situación (tal e como se indica no punto 7 do Plan de adaptación COVID-19 do centro, todas as comunicacións co equipo COVID levaranse a cabo por correo electrónico ao enderezo covid@iessanclemente.net e/ou por teléfono no número 881 867 501). Para poder facer estes exames, o alumno ou alumna deberá dispor dun ordenador con conexión a Internet e cámara web.

A xefatura de estudos