Conectividade a 10 Gbps no IES San Clemente.

Fruto da colaboración que temos coa USC e o CESGA, hoxe mércores día 3 de Febreiro de 2021, fíxose efectiva o cambio de conectividade de 1 Gbps simétrico a 10 Gbps simétricos (pola nosa banda, a conexión que temos podería permitir ata 25 Gbps simétricos, polo que a ampliación futura está garantizada).

Nunhas semanas estará dispoñible a conectividade interna do centro á conexión de 10 Gbps, xa que nestes intres aínda hai que facer unha reprogramación completa do router para que soporte ditas velocidades.

Cando rematemos a ampliación, teremos conectividade interna có noso router a 20 Gbps e conectividade exterior de 10 Gbps como máximo coa USC – CESGA.

Saúdos.

CECASACLE.