A Proba para a obtención do título de Bacharel para maiores de vinte anos convocada segundo a Resolución do 15 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, celébrase o 23 de abril de 2021 no IES San Clemente de Santiago de Compostela.
Durante a realización dos exames apricarase o seguinte protocolo, que deberá ser coñecido polas persoas candidatas asistentes. Os aspirantes afectados por peches perimetrais que precisen un certificado de mobilidade o poderán solicitar chamando ao centro en horario de oficina. Para poder presentarse á Proba, é obrigatorio que o aspirante realice previamente a enquisa de autoavaliación clínica e leve consigo e entregue o mesmo día do exame a seguinte declaración responsable debidamente cumprimentada (engadindo a man unha nova casilla de Proba Libre de Bacharelato) e asinada. O aspirante que non a entregue non poderá realizar a Proba.
O horario das probas é o que aparece a continuación:
Chamamento para o acceso aos espazos de realización da Proba: entre as 8:15 e as 8:30.
As persoas aspirantes identificaranse debidamente co DNI, pasaporte ou calquera outro documento legalmente recoñecido que acredite a identidade e a idade da persoa aspirante.
Organización da Proba
Sesión de mañá
De 8:30 – 11:30 PARTE 1:
Lingua Galega e Literatura I e II
Lingua Castelá e Literatura I e II
De 12:00 – 13:30 PARTE 2:
Inglés I e II
Francés I e II
De 13:30 – 14:30 PARTE 3:
Filosofía e Historia de España
Sesión de tarde
De 16:30 – 18:00 PARTE 1:
Matemáticas I e II (CIENCIAS)
Latín I e II (HUMANIDADES)
Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I e II (CIENCIAS SOCIAIS)
De 18:00 – 19:00 PARTE 2:
CIENCIAS HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
Física e Química e Física Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía
Física e Química e Química Economía e Economía da Empresa
Debuxo Técnico I e II Grego I e II
De 19:30 – 20:30 PARTE 3:
CIENCIAS HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía Literatura Universal e Historia da Filosofía
Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía
A listaxe provisional das cualificacións publicarase o 11/05/21. O prazo de reclamacións ás cualificacións inclúe os días 12, 18 e 19 de maio. A publicación da listaxe definitiva das cualificacións terá lugar o 20/05/21.