En colaboración coa EOI de Vilagarcía de Arousa, propoñemos unha actividade radiofónica. Trátase de gravar un audio, con voz feminina, falando da vida de unha científica galega para a participación na canle de radio “EXÓTICAS“.
BASES
1.- O obradoiro de igualdade do IES San Clemente convoca o 1º Certame radiofónico – “Mulleres na sombra”.
2.- Poderán participar todos os membros da comunidade educativa (alumnado, profesorado e PAS).
3.- Os arquivos que vaian ser enviados para publicación na radio deberán cumplir coas seguintes características:
- formato mp3 e cun máximo de 300MB
- bitrate superior a 16Kbps
- máximo de 4 minutos de duración por audio.
- NON debe levar música de fondo, xa que será incluída polo equipo de edición antes de ser publicado na canle.
- falar claro, devagar, sen eco nin ruídos de fondo.
- deberán ter tamén unha pequena despedida e peche da emisión
4.- Os audios deberán enviarse por correo electrónico a igualdade@iessanclemente.net indicando:
- Título
- Nome completo dos/das participantes.
- Curso (para participantes que son alumnado)
5.- O prazo máximo de entrega dos traballos é o 15 de maio de 2021 ás 23:59 horas.
6.- Concederanse tres premios en cheques para libros ou material informático a elexir, valorados en:
- 1º Premio: 60€
- 2º Premio: 40€
- 3º Premio: 30€
7.- Os traballos recepcionados serán publicados en: “EXÓTICAS“.
8.- Desde o Obradoiro de Igualdade nos poñeremos en contacto coas persoas gañadoras para establecer a forma de entrega dos premios.
9.- O xurado estará composto polos/as integrantes do Obradoiro de Igualdade do IES San Clemente, podendo contar coa colaboración de outro persoal docente externo ó centro.
10.- O veredicto do xurado, que será inapelable, darase a coñecer unha vez rematado o prazo de entrega.
11.- A participación no certame supón a aceptación destas bases.