FH en portugués / Ciclo PluriFP SMR – Informe final 2020/2021

Informe da Secção Bilingue em Português Fundamentos de Hardware, do ciclo superior Administração de Sistemas Informáticos em Rede.

Durante o presente ano escolar, o módulo FH de 1ASIR cumpriu o sexto e probablemente derradeiro ano como sección bilingüe, xa que está previsto que a partir de 2021/2022 se converta nun ciclo PluriFP. Continuou a utilizarse o portugués como lingua vehicular, nas explicacións do profesor, nas interfaces das aplicacións, nos manuais que redactaron os alumnos, etc.

Estes foron os puntos indicados na memoria desta sección bilingüe:

Aspectos positivos:

  • Fixemos un exame modelo do CAPLE-FLUL de nivel B1. 20 aprobados de 21 candidatos. No segundo exame, de marzo, utilizamos un modelo novo da EOI e os resultados non foron concluíntes, pero serviu de adestramento.
  • 15 estudantes realizaron ou van realizar proximamente o exame de certificación de nivel B1 no CAPLE ou na EOI, coa axuda económica do IES. A finais de 2021 informaremos dos resultados.
  • Sen mobilidades Erasmus+ para prácticas de verán en Portugal por mor da pandemia.
  • Proxecto eTwinning Um tripé para o meu e-book 2 co AE Carlos Amarante de Braga e o Centro Paula Souza de São Paulo, ambos de FP Informática. Non puidemos realizar a visita á escola socia portuguesa por mor da pandemia.

Propostas de mellora:

  • Permitir que a auxiliar de conversa teña acceso á formación da Consellaría de Educación e á plataforma eTwinning Live.
  • Que a Consellaría pague as taxas dos exames oficiais de LE do alumnado, tal e como anunciou que ía facer pero finalmente non fixo.

 

Balance do terceiro ano do Ciclo Bilingue em Português Sistemas Microinformáticos e Redes, cuxos módulos Aplicações Ofimáticas e Aplicações Web foron impartidos en lingua estranxeira.

Ademais, concluímos o segundo Ciclo Estrela PluriFP SMR, cos módulos AO e AW impartidos integramente en portugués e traballando en asociación cun centro homólogo de Braga: AE Carlos Amarante. Os resultados continúan a ser parciais (ver informe do ano pasado) porque aínda están a desenvolverse mobilidades Erasmus+ e exames de certificación. Iremos actualizalos en xaneiro de 2022.

En canto ao novo ciclo que comezou en 1SMR, a formación do alumnado continuará no próximo ano. Estes son os resultados parciais a día de hoxe:

  • Exames modelo do CAPLE-FLUL. 26 aprobados de 26 candidatos: 23 B1 e 3 A2. No segundo exame, de marzo, utilizamos un modelo novo da EOI e os resultados non foron concluíntes, pero serviu de adestramento.
  • 17 estudantes realizaron ou van realizar proximamente o exame de certificación de nivel B1 no CAPLE ou na EOI, varios deles coa axuda económica do IES. A finais de 2021 informaremos dos resultados. O resto ten pensado facelo en novembro de 2021 ou maio de 2022.
  • 11 mobilidades Erasmus+ para estudos en Braga. Os centros dos outros destinos habituais (Viana do Castelo e Lisboa) non reciben alumnos por mor da pandemia.
  • 10 mobilidades Erasmus+ para prácticas de verán en Braga, Covilhã e o Porto (alumnado de 1SMR).
  • Proxecto eTwinning Um tripé para o meu e-book 2 co AE Carlos Amarante de Braga e o Centro Paula Souza de São Paulo, ambos de FP Informática. Non puidemos realizar a visita á escola socia portuguesa por mor da pandemia.
  • Resumo dos traballos realizados en AO en portugués (pendente de publicar).
  • Outras accións relacionadas co ciclo PluriFP: reunión coas familias / Rumo ao B1

 

Máis información:

  • O equipo docente do centro participa no Plan de Formación Permanente do Profesorado vinculado aos ciclos Estrela PluriFP, desenvolvendo estes resultados finais.
  • Propostas de mellora: Que a Consellaría organice e financie os exames de certificación de Portugués, tal e como anunciou que ía facer pero finalmente non fixo. Permitir que a auxiliar de conversa teña acceso á formación da Consellaría de Educación (por exemplo, ao PFPP vinculado ao ciclo Estrela PluriFP) e á plataforma eTwinning Live.
  • Actualización (30/03/22): Resultados dos exames oficiais de portugués. ASIR: 11 B1 no CAPLE. SMR: 1 B1 na EOI e 13 B1 no CAPLE.