Durante o presente ano escolar, no IES San Clemente realizáronse os seguintes proxectos europeos:
Mobilidades Erasmus+ KA116 e KA103 para a realización de prácticas e estudos no estranxeiro:
- Ciclo Medio, 24 mobilidades: 10 de FCTs, 2 de recén titulados e 12 extra curriculares, todas en Portugal, con bolsa Erasmus+ KA116 2019 e KA116 2020.
- Ciclo Medio, 11 mobilidades para estudos en Braga (Portugal) con bolsa Erasmus+ KA116 2019.
- Ciclos Superiores, 8 mobilidades: 2 de FCTs, 1 extracurricular e 5 de recén titulados ou extra curriculares en preparación. Destinos: Portugal, Irlanda e Amsterdam. Todas con bolsa Erasmus+ KA103 2019.
Incoming mobilities:
- 8 mobilidades de alumnado do AE Carlos Amarante de Braga que realizaron as súas prácticas curriculares e extra curriculares en empresas de Santiago de Compostela.
Mobilidades canceladas:
- Destacamos que o número de renuncias nos Ciclos Superiores aumentaron significativamente por mor da pandemia e dos confinamentos nos países de destino, tratándose dunha cantidade importante de traballo que non se reflicte nos resultados finais.
- O mesmo aconteceu cos job shadowing entrantes e saíntes.
Asociacións:
- Revalidamos os acordos de colaboración con centros homólogos.
- Reforzamos especialmente a cooperación co AECA de Braga.
Bolsas concedidas pola Administración para o próximo ano escolar:
- Pendentes de confirmar. Suficientes para atender toda a demanda do alumnado e profesorado.
Proxectos eTwinning:
- Participamos nun total de 5 proxectos eTwinning: Um tripé para o meu e-book 2, Pek, a Pulga Preguiceira #1, Christmas Cards Exchange, Letras Galegas 2021 e AtlânticoVET.
- Durante este ano, recibimos o Premio Nacional eTwinning en España por “GaliMinho – Empreendedorismo da eurorregião”, o Selo de Calidade Nacional por “Letras Galegas 2020 – Ricardo Carvalho Calero” e o Selo de Calidade Europeo por “Pek, a Pulga Viaxeira 5”.
- Colaboración coa Embaixada eTwinning Galicia no pago e mantemento do seu sitio web.
- Celebración do Día internacional da Internet segura e do Día da Europa.