Prácticas no estranxeiro Erasmus+ Verán 2021

En xullo e agosto de 2021, dezasete estudantes do IES San Clemente desfrutan dunha bolsa Erasmus+ para realizaren prácticas extra curriculares e de recén titulado en Portugal, Irlanda e Países Baixos.

Por primeira vez organízanse prácticas telemáticas, con empresas de Dublín que levan anos colaborando con nós.

En Irlanda tódalas empresas continúan co traballo de forma remota e tamén noutros países da Unión Europea, de maneira que resulta moi difícil organizar prácticas presenciais. O Coronavirus segue impedindo a organización de moitas das estadías programadas.

  • 12 de SMR: Óscar Dosil, Brais R. Carou, José Ángel Rubicco e Javier Carrillo no Porto; Bayron Martínez, Alex Rey, Kevin Pais, Iago Codesido, Oscarly Martínez e Héctor Pérez en Braga; Álvaro F. Lariño e Sergio G. Lajos na Covilhã.
  • 3 de DAM: Carlos G. Bermejo e Alejandro Buján en Dublín; Miguel L. Patricio en Braga.
  • 1 de DAW: Joseba Portas en Amsterdam.
  • 1 de ASIR: Sesé Baleirón na Covilhã.

Lembramos ao profesorado que aínda hai prazas libres para job shadowing.

 

 

Máis información sobre as prácticas no estranxeiro:
Blogue AtlânticoVET
Proxecto eTwinning AtlânticoVET