INSTRUCIÓNS CURSO 2021/2022
Prazo de matriculación
Nota importante: o calendario de exames e titorías estará á disposición dos alumnos e alumnas no IES San Clemente e nos Centros EPA na primeira semana de outubro; tamén será publicado na páxina web https://www.iessanclemente.net/, que deberá ser consultada continuamente polo alumnado ao longo do curso como medio de comunicación oficial do centro.
Lugares de matrícula
A matrícula de Bacharelato a distancia pódese realizar:
- De xeito preferente vía web, na páxina https://matricula.iessanclemente.net, achegando a continuación por correo a documentación necesaria ao IES San Clemente para a súa formalización.
En función da situación sanitaria, poderanse recoller tamén matrículas de xeito presencial nos seguintes lugares:
- Na secretaría do IES San Clemente de Santiago de Compostela, rúa San Clemente nº2, 15705, Santiago de Compostela Tlf. 881 86 75 01 https://www.iessanclemente.net/ https://goo.gl/8E73yL
- Nas distintas EPA de:
- A Coruña: Centro EPA “Eduardo Pondal”, rúa Pepín Rivero s/n, CP 15011, teléfono 881 96 09 01.
- Ferrol: Centro EPA “Sta. María de Caranza”, rúa Luís de Requeséns, s/n, CP 15406, teléfono 881 93 83 17.
- Lugo: Centro EPA “Albeiros”, Parque da Milagrosa s/n, CP 27003, teléfono 982 82 81 06.
- Ourense: Centro EPA, rúa Álvarez de Soutomaior, 4, CP 32002, teléfono 988 24 38 34.
- Pontevedra: Centro EPA “Río Lérez”, Avda. De Buenos Aires nº26, CP 36002, teléfono 886 15 94 21.
- Vigo: Centro EPA “Berbés”, rúa Marqués de Valterra nº8, CP 36202, teléfono 886 11 09 76.
- Burela: no IES “Monte Castelo”, rúa Os Matos, 27880, Burela, Lugo, teléfono 982 82 82 41.
- Por correo certificado, recollendo o sobre de matrícula en calquera dos centros EPA, introducir nel toda a documentación que se relaciona no mesmo sobre de matrícula, e enviándoo ao seguinte enderezo:
IES San Clemente
(Matrícula Bacharelato)
r/ San Clemente nº2
Santiago de Compostela
15705 A Coruña
Requisitos para o acceso:
- Idade: poderá matricularse calquera persoa maior de dezaoito anos ou que os cumpra antes do 31 de decembro de 2021, e aquelas persoas maiores de dezaseis anos que acrediten documentalmente causas excepcionais (traballo, saúde, deportistas de alto nivel, estudantes de música e danza) que lles impidan asistir a un centro presencial.
- Académicos para 1º de Bacharelato: – Título de Graduado en Secundaria Obrigatoria. – Título de Técnico correspondente á Formación Profesional específica de grao medio, Técnico Auxiliar de Formación Profesional de Primeiro Grao ou Técnico deportivo, tras cursar as ensinanzas deportivas de grao medio. – Ter aprobado 2º de BUP ou como máximo dúas materias pendentes no conxunto dos dous cursos. – Ter superados os estudos do Primeiro ciclo do Programa Experimental de Reforma das Ensinanzas Medias (REM).Ter superados os cursos comúns de estudos de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos.
- Académicos para acceso directo a 2º de Bacharelato: – Ter superado 3º de BUP e título de bacharel. O alumnado nestas condicións pode matricularse en calquera modalidade de Bacharelato. – Ter superado 2º curso de Formación Profesional de 2º grao (réxime xeral), ou 3º curso de Formación Profesional de 2º grao (réxime de ensinanzas especializadas). – Ter superado 1º curso dunha modalidade de Bacharelato experimental. – Ter superado a segunda especialidade ou título de Graduado en Artes aplicadas e Oficios Artísticos.
Circunstancias especiais de matriculación
- O alumnado que se incorpore ao bacharelato para persoas adultas con materias superadas do bacharelato ordinario conservará a cualificación positiva destas.
- O alumnado maior de 25 anos, ou que os cumpra no curso escolar 2021-2022, poderá solicitar ante a dirección do centro a exención da materia de Educación física.
- O alumnado que acceda ao bacharelato desde os ciclos formativos de grao medio de Formación Profesional específica ou de Artes aplicadas e Deseño poderá validar as materias de Bacharelato, de acordo co establecido na lexislación vixente.
- Se un alumno ou alumna se matricula de dúas materias de contidos progresivos, non poderá ser avaliado da de 2º sen ter superada, previamente, a de 1º.
- O alumnado de 2º de bacharelato na modalide de Humanidades e Ciencias Sociais deberá escoller obrigatoriamente “Historia da Filosofía” como materia de opción, excepto cando xa estivera matriculado do 2º nos cursos 2015-16, 2016-17 ou 2017-18 e teña superada unha ou as dúas materias de opción.
Aula virtual
O alumnado matriculado nestas ensinanzas debe darse de alta na Aula Virtual que hai na páxina web do IES San Clemente, coa finalidade de seguir o proceso de aprendizaxe a través das guías electrónicas e como medio de comunicación co profesorado. Os pasos a seguir son os seguintes:
- Entrar en https://www.iessanclemente.net/
- Pulsar en [Rexistro]
- Poñer o número do DNI coa letra, sen guión e sen espazos, e a data de nacemento co formato dd/mm/aaaa. Por exemplo “28/06/1978”.
- Pulsar aceptar e cumprimentar todos os datos que se solicitan. A clave deberá ter entre 5 e 10 letras.
- A partir de agora poderá entrar na páxina principal poñendo como usuario o número do DNI e como contrasinal a clave que puxo anteriormente (no punto 4).