Constituída a Xunta Electoral que debe velar polo proceso de eleccións ao Consello Escolar, aprobouse o calendario electoral seguinte:
- Do 4 ao 11 de novembro de 2021: PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS entregando instancia na oficina do centro, de 9h a 14h.
- 12 de novembro de 2021: PROCLAMACIÓN DE CANDIDATURAS E SORTEO DE MESAS ELECTORAIS.
- Do 15 ao 21 de novembro de 2021: CAMPAÑA ELECTORAL.
- 22 de novembro de 2021: ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES DO ALUMNADO, PAIS E NAIS, E PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS.
- Entre o 24 e o 26 de novembro de 2021 (pdte. confirmación): CLAUSTRO EXTRAORDINARIO PARA A ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DO PROFESORADO.
Os postos que toca renovar no presente ano son os seguintes:
- Profesorado: 5
- Alumnado: 4
- Pais, nais e titores legais: 3
- Persoal de administración e servizos: 1
Santiago, 3 de novembro de 2021
O PRESIDENTE DA XUNTA ELECTORAL