O venres 12 de novembro de 2021 celebrouse o acto de entrega das medallas da 6ª edición do Campionato Galego de Formación Profesional – Galiciaskills 2021.
Polo IES San Clemente, asistiu Víctor Manuel Martínez Taboada, como experto da modalidade de Administración de sistemas en rede e Cristina París Brandariz, como titora de Santiago Andrade Ferreiro, quen obtivo a medalla de ouro na modalidade de Desenvolvemento web.
Santiago Andrade será o representante galego na edición do SpainSkills que se celebrará en Madrid en marzo de 2022.