Os exames finais do primeiro cuadrimestre da ESA terán lugar o venres 28 de xaneiro de forma presencial no IES San Clemente de Santiago e nas seguintes localidades: A Coruña (EPA Eduardo Pondal), Arzúa, Boiro, Camariñas, Dumbría, Lousame, Santa Comba, Sarreaus, Verín e Vigo (EPA Berbés).
Durante a realización dos exames apricarase o seguinte protocolo que deberá ser coñecido por todo o alumnado asistente. Como en anteriores ocasións, é obrigatorio que o alumnado realice previamente a enquisa de autoavaliación clínica e leve consigo e entregue o mesmo día do exame a seguinte declaración responsable debidamente cumprimentada e asinada. Non se permitirá a entrada ao exame ao alumnado que non a entregue.
As cualificacións publicaranse o xoves 3 de febreiro. A revisión será preferentemente telefónica ou telemática, o día 4, no horario de atención do profesorado.
Ao tratarse dun examen final, aquel alumnado que estea infectado ou illado como consecuencia da COVID-19 e non poida presentarse aos exames do venres día 28 terá a oportunidade de facer os exames de xeito presencial o venres día 4 de febreiro no IES San Clemente. Excepcionalmente poderá solicitar a realización de exames nesa data alternativa nun correo dirixido á xefatura de estudos a través da aula virtual con anterioridade á data do exame (28 de xaneiro), e será atendido unicamente naqueles casos que acrediten a súa situación e foran previamente reportados ao equipo COVID do IES San Clemente (todas as comunicacións co equipo COVID levaranse a cabo por correo electrónico ao enderezo covid@iessanclemente.net e/ou por teléfono no número 881 867 501).
A xefatura de estudos