O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do IES San Clemente convoca o 2º Concurso de Proxectos Innovadores.
- Poderá participar o alumnado do centro matriculado en FP da familia de Informática en calquera das modalidades dispoñibles.
- Cada participante poderá presentar un proxecto innovador relacionado coa lingua galega. Estes deberán ser orixinais, inéditos, innovadores e estarán redactados en galego, empregando unha linguaxe inclusiva.
- A extensión da descrición da idea do proxecto debe estar entre 200 e 1000 palabras. Debe conter: un título, unha breve descrición, obxectivos, tecnoloxías que se empregarían na súa implementación e calquera outra información relevante.
- Os traballos deberán enviarse en formato PDF por correo electrónico a edlg@iessanclemente.net indicando o título e datos persoais da persoa participante (nome, apelidos e ciclo).
- O prazo máximo para a entrega dos traballos é o 30 de abril de 2022 ás 23:59 horas.
- Haberá un primeiro premio de 150€ e un segundo de 100€ en material escolar ou informático.
- O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo do ensino.
- O veredicto do xurado darase a coñecer no mes de maio.
- A participación no concurso supón a aceptación destas bases.