• ?
  • Rexistro

Oferta de emprego da empresa Abraia Software

Buscamos desenvolvedor/a cun ano ou máis de experiencia en Node.js, valorándose a experiencia con Python e algunha das nubes públicas (Google Cloud, AWS, Azure).

Participará no desenvolvemento de microservizos cloud a medida para a xestión, procesado e transformación de imaxe e vídeo.

O traballo realizarase en estreita colaboración co equipo de enxeñeiros da empresa cliente, líder mundial en ecommerce de moda.

Os interesados poden enviar correo electrónico a: anton@abraiasoftware.com

https://abraia.me