Probas para a obtención do título de graduado en ESO maiores de 18

Publicada a Resolución do 4 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro.

Os prazos de matrícula serán:

        Convocatoria de maio: 7 de marzo ao 17 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.

        Convocatoria de setembro: 1 de xullo ao 8 de xullo de 2022, ambos os dous incluídos.

Condicións das persoas aspirantes

1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.

2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.

3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2021-2022 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

4. O alumnado matriculado durante o curso 2021-2022 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:

4.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

 

Forma, lugar e prazos de presentación

       1. Os prazos de matrícula serán:

Convocatoria de maio: 7 de marzo ao 17 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.

Convocatoria de setembro: 1 de xullo ao 8 de xullo de 2022, ambos os dous incluídos.

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

       2. As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos que se especifican no punto 3 ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED540A) que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

3. As persoas aspirantes formalizarán a súa inscrición nun dos seguintes centros que constituirán tribunais para a avaliación das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria:

a) A Coruña– Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15011 A Coruña.

b) Ferrol– Centro EPA Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n, 15406 Ferrol.

c) Santiago de Compostela:

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»:

IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»:

IES Rosalía de Castro, rúa San Clemente, 3, 15705 Santiago de Compostela.

d) Carballo– IES Isidro Parga Pondal, rúa Muíño da Pintura, 15100 Carballo.

e) Lugo– Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.

f) Ourense– Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.

g) Pontevedra:

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»:

Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»:

IES Frei Martín Sarmiento, avenida de Vigo, 23, 36003 Pontevedra.

h) Vigo:

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «A» e a letra «L»:

Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, 36202 Vigo.

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra «M» e a letra «Z»:

IES Santa Irene, praza de América, 7, 36211 Vigo.

i) O Porriño– IES Ribeira do Louro, rúa Ribeira, s/n (Torneiros), 36410 O Porriño.

j) Tui– IES Indalecio Pérez Tizón, avenida da Concordia, s/n, 36700 Tui.

k) Vilagarcía de Arousa– IES Armando Cotarelo Valledor, rúa Armando Cotarelo Valledor, 4-6, 36611 Vilagarcía de Arousa.

Para obter máis información, visita a web da consellería de educación.