Florencio M. Delgado Gurriarán, por Anxo Santomil
B A S E S
1. Poderá participar o alumnado de centros europeos por medio do proxecto eTwinning Letras Galegas 2022 – Florencio Delgado Gurriarán, ademais de todo o alumnado do IES San Clemente.
2. O marcador debe recoller algunha imaxe relacionada co autor ou a súa obra e tamén algún texto alusivo, fragmento, frase curta, etc, sobre a súa obra en galego.
3. Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos. O prazo de admisión rematará o 1 de maio ás 23:59 horas e o xurado dará a coñecer a súa decisión na semana das “Letras Galegas”.
4. Admitirase un traballo como máximo por cada participante.
5. Cada marcador deberá ter dúas caras, medidas de 18×5 cm, formato PNG e resolución 300dpi.
6. Os traballos enviaranse a0o enderezo edlg@iessanclemente.net xunto cos datos persoais da persoa participante
7. O IES San Clemente realizará unha exposición con todos os marcadores presentados a concurso.
8. Haberá un primeiro premio por valor de 100€, un segundo por valor de 75€ e un terceiro por valor de 50€, en material escolar ou informático. Se a calidade dos traballos o merece, poderán concederse accésits.
9. A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes bases.