Recibimos no noso centro o alumnado do colexio INETE de Lisboa que vai realizar a súa FCT en empresas compostelás, xunto co profesor Guilherme Antunes.
Coñeceron varios dos nosos alumnos de 1ASIR e aproveitamos para gravar unha pequena entrevista que será publicada no Podcast do proxecto eTwinning LusoMicroFonia.

No blogue do proxecto podedes ver máis información escrita en primeira persoa, polos protagonistas desta experiencia.