Curso gratuíto de programación de sistemas informáticos.

Curso de programación de sistemas informáticos

Grupo Academia Postal imparte en Santiago de Compostela unha formación gratuíta subvencionada dirixida a persoas traballadoras desempregadas. Trátase dun curso de 608 horas, a realizar entre o 28 de marzo e o 23 de setembro, con prácticas en empresas e no que se aprende a desenvolver compoñentes de software para a xestión de recursos dun sistema informático programando en C# – .NET. Permite completar a formación recibida no ciclo e obter un certificado de profesionalidade (unha acreditación oficial recollida no Catálogo Nacional de Cualificaciones Profesionales).

CARTEL Curso Formación de PSI

O prazo de inscrición remata o 22 de marzo e aínda quedan prazas libres.

https://www.academiapostal.es/inscricion-solicitude-de-praza-en-cursos-afd-nos-centros-de-formacion-de-grupo-academia-postal-2021-2022/