Os exames da Primeira Avaliación do 2º Cuadrimestre da ESA terán lugar o venres 8 de abril de forma presencial no IES San Clemente de Santiago e nas seguintes localidades: A Coruña (EPA Eduardo Pondal), Arzúa, Boiro, Camariñas, Dumbría, Lousame, Negreira, Santa Comba, Sarreaus, Verín e Vigo (EPA Berbés).
Horario dos exames:
-
9,30 a 10,30 – Ámbito Social
-
10,50 a 12,00 – Ámbito Científico-tecnolóxico
-
12,20 a 13,50 – Ámbito de Comunicación
Durante a realización dos exames seguirase o seguinte protocolo que deberá ser coñecido por todo o alumnado asistente.
En aplicación da nova estratexia de control da SARS-COV-2, non será necesario a presentación de declaración responsable. Os casos confirmados da COVID-19 (aqueles que teñan unha proba diagnóstica realizada por un profesional sanitario) deberán seguir as indicacións do seu médico.
As cualificacións publicaranse o mércores 20. A revisión será preferentemente telefónica ou telemática, o venres día 22, no horario de atención do profesorado.