Certificacións Camões Júnior 2022

No ano 2021/2022 organizamos por primeira vez o exame de certificación “Camões Júnior”, do Instituto Camões.

Trátase dunha certificación oficial externa de portugués para alumnado menor de idade.

Nesta ocasión participaron once estudantes de 1SMR, 2SMR e 1ASIR, dos cales certificaron: dous o nivel A1, sete o A2 e dous o B1.

 

 

 

No día 10 de maio de 2022 celebramos o acto de entrega de diplomas coa presenza de Filipa Soares (Agregada de Educación da Embaixada de Portugal e Coordinadora da Rede de Ensino de Portugués en España e Andorra) e Valentín García Gómez (Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia).

 

 

Filipa Soares tamén representou João Ribeiro de Almeida, embaixador presidente do Camões, e João António da Costa Mira Gomes, embaixador de Portugal en España.

O alumnado recibiu persoalmente os certificados das mans de Filipa Soares, Valentín García e do vicedirector Miguel G. Duarte. O evento tamén contou coa presenza do equipo docente de PluriFP Informática en portugués, Marcos Arias, Carme Bueno, Jose Freire, Beth Oliveira e Marcos Vence, que fixeron a preparación do alumnado para este exame que estreou o IES San Clemente en 2022.

Durante os discursos tanto Filipa Soares como Valentín García reforzaron a importancia do ensino da língua portuguesa e tamén os lazos que conectan Galiza a Portugal e ao resto da lusofonía.

* * *

Esta é unha das moitas oportunidades que ofrece o IES San Clemente relacionadas co programa PluriFP, que complementa a certificación no CAPLE da Universidade de Lisboa, onde recentemente certificaron o seu nivel B1 de portugués 24 estudantes de SMR e ASIR. Outras actividades relacionadas son as mobilidades Erasmus+ a empresas de Portugal e os proxectos eTwinning con centros de FP portugueses e brasileiros.