• ?
  • Rexistro

Cualificacións provisionais da proba libre de bacharelato (maio 2022)

Na seguinte ligazón publícanse as cualificacións provisionais da Proba libre de Bacharelato celebrada no IES San Clemente o pasado 29 de abril do 2022:

https://www.edu.xunta.gal/portal/ea/obtencion-de-titulos

Dentro desa ligazón pódese acceder clicando en “Cualificacións provisionais da proba libre para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de 20 anos (2022)”.

Contra estas cualificacións, poderase presentar reclamación por escrito dirixida á Presidencia do tribunal no propio IES San Clemente os días 12 ,13 e 16 de maio ata as 13:00 horas segundo o seguinte modelo.

Estas reclamacións deben explicar o motivo e estarán debidamente asinadas polo interesado ou interesada.

O xoves 19 de maio publicaranse as cualificacións definitivas.