Os exames finais do 2º cuadrimestre da ESA terán lugar o venres 3 de xuño de forma presencial no IES San Clemente de Santiago e nas seguintes localidades: A Coruña (EPA Eduardo Pondal), Arzúa, Boiro, Camariñas, Dumbría, Lousame, Negreira, Santa Comba, Sarreaus, Verín e Vigo (EPA Berbés).
- Horario dos exames:
9,30 a 10,30 – Ámbito Social
10,50 a 12,00 – Ámbito Científico-tecnolóxico
12,20 a 13,50 – Ámbito de Comunicación
- A publicación das cualificacións correspondentes aos exames finais será o día 8.
- Durante a realización dos exames recoméndase o uso da máscara.
- En aplicación da nova estratexia de control da SARS-COV-2, non será necesario a presentación de declaración responsable. Os casos confirmados da COVID-19 (aqueles que teñan unha proba diagnóstica realizada por un profesional sanitario) deberán seguir as indicacións do seu médico.
A xefatura de estudos