Con este anuncio o CESGA quere dar a coñecer as súas ofertas de emprego que poidan ser de interese para o alumnado do voso centro.
Buscamos dúas persoas (ciclo superior ASIR, DAM, DAW ou plans anteriores equivalentes) motivadas e proactivas para colaborar no desenvolvemento do proxecto europeo de I+D+i denominado EKT (Educational Knowledge Transfer), na área de e-learning do CESGA. O principal obxectivo do proxecto EKT é mellorar o apoio e a colaboración no proceso de aprendizaxe no período de prácticas dos futuros docentes.
A función principal dos candidatos a estes dous postos dentro do CESGA será colaborar no desenvolvemento dunha aplicación móbil, así como na súa integración e mantemento nunha plataforma de traballo por proxectos, que conta cunha implantación de Analítica da Aprendizaxe / Learning Analytics.
Enlace á oferta de emprego: https://www.cesga.es/gl/