Proxectos Europeos – Informe final 2021/2022

Durante o presente ano escolar, no IES San Clemente realizáronse os seguintes proxectos europeos:

Mobilidades Erasmus+ KA116, KA121, KA103 e KA131 para a realización de prácticas e estudos no estranxeiro:

  • Ciclo Medio 15 mobilidades en total:
    • Ciclo Medio, 5 mobilidades; 1 extra curricular e 4 FCT, todas en Portugal, con bolsa Erasmus+ KA116 2020.
    • Ciclo Medio, 10 mobilidades; 1 recén titulado, 1 FCT, 2 extracurriculares, 6 de estudos, todas en Portugal, con bolsa Erasmus+ KA121 2021.
  • Ciclos Superiores, 19 mobilidades en total:
    • Ciclos Superiores, 3 mobilidades: 2 de FCTs, 1 de recén titulados ou extra curriculares, en Irlanda e Amsterdam, con bolsa Erasmus+ KA103 2019.
    • Ciclos Superiores, 12 mobilidades: 4 de FCTs, 3 de recén titulados e 5 extra curriculares, en Portugal, Irlanda e Italia, con bolsa Erasmus+ KA103 2020.
    • Ciclos Superiores, 4 mobilidades: 4 extra curriculares, en Alemaña, con bolsa Erasmus+ KA131 2021.

Incoming mobilities:

  • 7 mobilidades de alumnado do INETE de Lisboa que realizaron as súas prácticas curriculares e extra curriculares en empresas de Santiago de Compostela.

Job Shadowing:

  • 1 docente viaxou a Suecia con bolsa Erasmus+ KA103 2019.
  • 2 docentes viaxaron a Irlanda e Alemaña, con bolsa Erasmus+ KA103 2020.
  • 1 docente viaxou a Lisboa, con bolsa Erasmus+ KA131 2021.

Este ano non tivemos que facer ningunha cancelación por causa da incidencia do Covid-19, aínda que extremamos as medidas de precaución con a realización de probas médicas.

Asociacións:

  • Revalidamos os acordos de colaboración con centros homólogos.
  • Reforzamos especialmente a cooperación co CDCFE de Dublín, o AECA de Braga e o INETE de Lisboa.

Bolsas concedidas pola Administración para o próximo ano escolar:

  • Pendentes de confirmar. Suficientes para atender toda a demanda do alumnado e profesorado.

Proxectos eTwinning:

Outros:

  • Recoñecemento á Calidade Erasmus+ 2021 en Formación Profesional. Ministerio de Educación de España.