AXUDAS PARA A CERTIFICACIÓN DE IDIOMAS PARA O ALUMNADO DE BACHARELATO de ADULTOS A DISTANCIA

Segundo a RESOLUCIÓN DO 10 DE XUÑO DE 2022, DA DIRECCIÓN XERAL DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA POLA QUE SE REGULA A XESTIÓN DE PROBAS DE NIVEL LINGÜÍSTICO PARA O ALUMNADO QUE CURSE ESTUDOS DURANTE O CURSO 2022/2023 EN CENTROS PÚBLICOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES, o alumnado de Bacharelato de adultos a Distancia poderá solicitar una axuda para facer a matrícula nunha única proba de nivel lingüístico da primeira lingua estranxeira que esté a cursar no 2022-2023. As probas deben ser realizadas polas empresas ou institucións que aparecen no anexo da Orde do 21 de xuño de 2016.

Para poder solicitar esta axuda o alumno/a deberá cubrir o seguinte formulario antes do día 23 de setembro https://forms.gle/FQDTCJPu9CXCfKED6