Organizada polo departamento de Formación e orientación laboral, o xoves 13 de outubro, celebrouse no IES San Clemente unha xornada de Primeiros Auxilios, con charlas impartidas por membros de Protección Civil de Santiago de Compostela.
Durante as mesmas o alumnado dos ciclos de ASIR, DAW, DAM e SMR realizou prácticas dos seguintes contidos:
- Reanimación cardio-pulmonar (en adultos e bebés).
- Manobra de Heimlich.
- Posición Lateral de Seguridade.
- Uso do desfibrilador automático (DESA).
O noso agradecemento a Carla, Marcelo, Rober e Cris pola súa adicación e bo facer, ademáis da súa paciencia e simpatía!
E lembrade, os primeiros auxilios salvan vidas!