Job Shadowing 2022/2023

O IES San Clemente oferta bolsas Erasmus+ para realizar un Job Shadowing nun centro educativo ou nunha empresa, fóra do estado español, nun país da Unión Europea.

Duración: 5 ou 7 días, viaxe incluída.
Finalidade: Desenvolvemento profesional do persoal docente así como o desenvolvemento das institucións implicadas. Debe enmarcarse nun enfoque estratéxico das organizacións participantes.

Destinatarios: Profesorado de tódolos ciclos.

Aplicaranse os seguintes criterios de valoración e selección, na orde de criterios indicada a continuación:

  • 1.- Terán prioridade o profesorado/persoal que colabore na xestión dos proxectos europeos nos que participe o centro (20 puntos).
  • 2.- Despois, o profesorado que colabore en ciclos PluriFP e nas actividades relacionadas con ditos ciclos (10 puntos).
  • 3.- A valoración da calidade a proposta de mobilidade presentado pola persoa solicitante tras consultar coa institución, empresa ou organización de acollida (ata un máximo de 5 puntos).
  • 4.- En caso de empate na puntuación nos criterios anteriores, terá prioridade o profesorado/persoal que non teña participado nunha mobilidade Job Shadowing nos 12 meses previos a esta convocatoria (2 puntos).

No caso de solicitudes fóra de prazo puntuaranse con 0 puntos, e ordearanse por orde de solicitude..

O profesorado que estea interesado, debe solicitar formar parte do proceso de selección antes do 20 de novembro, escribindo a erasmus@iessanclemente.net