Dentro do proxecto Campus Emprendementos Inspiradores, financiado polo Concello de Santiago como parte do programa Compostela Móvese 2022, varios estudantes do centro fixeron este martes 25 de outubro visitas formativas a tres empresas tecnolóxicas da cidade relacionadas cos ciclos formativos de informática que se imparten no centro: Mestrelab, Inforhouse e Dinahosting. Esta iniciativa ten como obxectivo dar a coñecer as boas prácticas das empresas para fomentar o emprendemento. Encádrase dentro da Aula de Emprendemento que se puxo en marcha no centro no presente curso académico.
http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=21926&lg=gal