Difusión: IES San Clemente centro plurilingüe e referente na formación a distancia.

No IES San Clemente impartense módulos en lingua estranxeira desde o ano 2008 (inicialmente como seccións bilingües e actualmente como centro pluriFP), co obxectivo de mellorar o desenvolvemento persoal e profesional do alumnado, adquirindo vocabulario técnico e preparándoo para a realización da FCT no estranxeiro e para o futuro laboral.

O IES San Clemente é o único centro educativo en Galicia que imparte as ensinanzas de ESA e Bacharelato a distancia, e, ao mesmo tempo, tamén oferta todos os ciclos formativos da familia profesional de Informática e comunicacións de grao medio e grao superior na modalidade a distancia.