Durante o 2022, realizouse un estudo do impacto que os programas Erasmus concedidos nos anos 2019 e 2020 ao IES San Clemente polo SEPIE tiveron no alumnado beneficiario de ditas actuacións.
Os programas analizados foron:
- 2019-1-ES01-KA116-060267
- 2019-1-ES01-KA103-060020
- 2020-1-ES01-KA116-077870
- 2020-1-ES01-KA103-077868
Nesos programas avaliouse:
- O impacto da estancia na aprendizaxe de cualificacións profesionais
- O impacto da estancia na mellora da competencias en lingua estranxeira
- O impacto da estancia no desenvolvemento persoal
- O impacto da estancia na procura de emprego
- A percepción do alumnado sobre a utilidade da estancia
Esta avaliación fíxose coa colaboración de 33 alumnos dos 61 que foron beneficarios dos programas.
Como conclusións:
- A práctica totalidade do alumnado considera que a estadía Erasmus supuxo unha mellora das súas competencias no ámbito profesional.
- A totalidade do alumnado considera que a estadía Erasmus supuxo unha mellora das súas competencias lingüísticas na lingua estranxeira, que pasan de situarse nun nivel A2-B1 a un nivel B1- B2, o que se ve acreditado polo desenvolvemento e superación de probas de nivel externo nunha porcentaxe elevada dos casos.
- A práctica totalidade do alumnado considera que a estadía Erasmus supuxo unha mellora das súas competencias de desenvolverse persoalmente fóra do entorno familiar.
- Nunha porcentaxe superior ao 50%, supuxo a primeira posibilidade de viaxar e desenvolverse fora de España por si mesmos, o que afonda na capacidade de inclusión e igualdade de oportunidades que supón dito programa.
- No tocante a inserción laboral, non parece mellorar significativamente as capacidades de obter unha oferta laboral, tanto no país estranxeiro de desenvolvemento do programa, como no propio estado español.
- A percepción por parte do alumnado do programa, que e uniforme na totalidade do alumnado, é altamente positiva, tanto sobre a utilidade da iniciativa, como sobre a recomendabilidade para outro alumnado ou para eles mesmos.
- Polo tanto, globalmente a valoración é altamente positiva.
Podes acceder ao estudo completo, na seguinte ligazón: