Durante a semana do 26 ao 30 de Decembro, o alumnado e profesorado dos ciclos PluriFP de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (DAM), e Desenvolvemento de Aplicación Web (DAW) tiveron a oportunidade de desfrutar dunha estadía formativa no idioma estranxeiro no que se desenvolven varios módulos dos ciclos en Dublín (Irlanda). Nesa semana puideron mellorar a súa competencia lingüística en inglés, así como visitar empresas do ámbito do ciclo que estudan (TIC).
Os alumnos tiveron a oportunidade de visitar distintos lugares emblemáticos da cidade
Integrarse nos costumes irlandesas
Visitar as empresas TIC alí establecidas
Incluso disfrutar da paisaxe e da natureza irlandesa.
Dita actividade, desenvolta no marco da Actuación 6 – creación de ciclos formativos de grado medio y de grado superior en oferta bilingüe do Programa de Cooperación Territorial entre o Estado e as Comunidades Autónomas, Plan de Formación Profesional para el Crecimiento Económico y Social y la Empleabilidad (PCT Extraordinario), está cofinanciada polo Ministerio de Educación y Formación Profesional e pola Unión Europea – Next GenerationEU (Reparto 2021) no marco do Mecanismo del Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia – Componente 20 «Plan estratégico de impulso de la Formación Profesional».
#FPGalicia #PluriFP #IESSanClemente