Debido a aparición da nova versión da ferramenta ChatGPT, nos últimos días asistimos a unha explosión de interese da sociedade nas posibilidades de dito tipo de ferramentas, e nas súas consecuencias nos distintos ámbitos da sociedade. E a educación non ía ser distinta.
Debido a isto, os medios de comunicación interésanse polas posibilidades e os efectos deste tipo de ferramentas baseadas na intelixencia artificial na educación. Onte, no Telexornal Mediodia da TVG, o profesorado do IES San Clemente (a nosa compañeira Sabela Sobrino) tivo a posibilidade de explicar á sociedade o estado da arte ao respecto.
Podes ver o video completo da nova en https://www.g24.gal/-/os-profesores-avalian-o-impacto-do-novo-chat-gpt-no-sistema-educativo (Fonte: G24.gal)