BASES
1. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES San Clemente convoca o 8º Certame de microvídeos.
2. Poderán participar todos os membros da comunidade educativa (alumnado, profesorado e PAS) de forma individual ou en grupo.
3. Os vídeos deberán ser orixinais, inéditos e de temática libre.
4. O audio, narración, textos e outros contidos empregados deben estar integramente en galego. No caso de utilizar música, debe ter licenza Creative Commons ou ter o permiso dos autores ou autoras e mostrar o título/autoría/website na pantalla final.
5. Débese usar vídeo real en vez de secuencias de imaxes fixas e as gravacións deben ser propias.
6. A duración máxima do vídeo é dun minuto e medio. Non hai duración mínima.
7. Os vídeos deberán enviarse por correo electrónico a edlg@iessanclemente.net indicando o título e datos persoais dos/das participantes.
8. O prazo máximo para a entrega dos traballos é o 26 de abril de 2023 ás 23:59 horas.
9. Haberá un primeiro premio por valor de 100 €, un segundo por valor de 75 € e un terceiro por valor de 50 €, todos eles en material escolar, informático ou libros.
10. Os vídeos seleccionados serán publicados polo EDLG.
11. O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo do ensino e do audiovisual e poderá incluír membros externos ao centro. O seu veredicto será inapelable.
12. A participación no certame supón a aceptación destas bases.