11F Día internacional da Muller e da Nena na ciencia 2023

As mulleres que nos levaron á lúa.

No IES San Clemente, con motivo da declaración, por parte da ONU, do 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia acolleremos a exposición As mulleres que nos levaron á lúa.

Esta exposición pretende impulsar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre o alumnado feminino, poñendo de relevo o traballo das mulleres que hai 50 anos foron claves para o éxito da misión do Apolo XI e a chegada da primeira persoa á lúa.

Recolle a biografía e logros do equipo de enxeñeiras, matemáticas, físicas e informáticas que tiñan como misión vixiar e preparar os cálculos de traxectoria, programación dos ordenadores e mesmo a alimentación dos astronautas que viaxaron ao espazo no Apolo XI. Entre os nomes incluídos están os de Annie Eeasley, Jeanne Lee Crews, Frances Northcutt e Christine Darden.