INSTRUCIÓNS MATRÍCULA SEGUNDO CUADRIMESTRE
A inscrición para acceder a calquera dos módulos das ensinanzas de educación secundaria a distancia para persoas adultas na modalidade telemática comeza o día 7 e remata o 9 de febreiro (o prazo último remata o 28 de abril de 2023).
O alumnado que se presente á convocatoria extraordinaria do 3 de marzo poderá realizar a re-matrícula para o segundo cuadrimestre do 14 ao 16 de marzo.
Para facilitar os trámites, podedes descargar a instancia pinchando AQUÍ e enviar a documentación a ies.sanclemente@edu.xunta.gal
O alumnado que solicite matricularse na educación secundaria de persoas adultas deberá presentar a seguinte documentación:
– Historial académico de ensinanzas cursadas ou libro de escolaridade.
– Solicitude de matrícula.
Lugares de matrícula
A matrícula da ESA a distancia pódese realizar:
- Na secretaría do IES San Clemente de Santiago de Compostela, rúa San Clemente nº2, 15705, Santiago de Compostela Tlf. 881 86 75 01 https://www.iessanclemente.net/ https://goo.gl/8E73yL
- Nas distintas EPA de:
-
- A Coruña: Centro EPA “Eduardo Pondal”, rúa Pepín Rivero s/n, CP 15011, teléfono 881 96 09 01.
- Ferrol: Centro EPA “Sta. María de Caranza”, rúa Luís de Requeséns, s/n, CP 15406, teléfono 881 93 83 17.
- Lugo: Centro EPA “Albeiros”, Parque da Milagrosa s/n, CP 27003, teléfono 982 82 81 06.
- Ourense: Centro EPA, rúa Álvarez de Soutomaior, 4, CP 32002, teléfono 988 24 38 34.
- Pontevedra: Centro EPA “Río Lérez”, Avda. De Buenos Aires nº26, CP 36002, teléfono 886 15 94 21.
- Vigo: Centro EPA “Berbés”, rúa Marqués de Valterra nº8, CP 36202, teléfono 886 11 09 76.
- Por correo certificado, recollendo o sobre de matrícula en calquera dos centros EPA, introducir nel toda a documentación que se relaciona no mesmo sobre de matrícula, e enviándoo ao seguinte enderezo:
IES San Clemente
(Matrícula Bacharelato)
r/ San Clemente nº2
Santiago de Compostela
15705 A Coruña
Requisitos para o acceso:
- Idade: No caso das persoas que se matriculen no segundo cuadrimestre, deberán cumprir os dezaoito anos antes do 29 de abril de 2023.
- Poderán matricularse aquelas persoas maiores de dezaseis anos que acrediten documentalmente causas excepcionais (traballo, saúde, deportistas de alto nivel, ter cursado ensinanzas de persoas adultas con anterioridade) que lles impidan asistir a un centro presencial.
O alumnado matriculado nestas ensinanzas debe darse de alta na Aula Virtual que hai na páxina web do IES San Clemente, coa finalidade de seguir o proceso de aprendizaxe a través das guías electrónicas e como medio de comunicación co profesorado. Os pasos a seguir son os seguintes:
- Entrar en https://www.iessanclemente.net/
- Pulsar en [Rexistro]
- Poñer o número do DNI coa letra, sen guión e sen espazos, e a data de nacemento co formato dd/mm/aaaa. Por exemplo “28/06/1978”.
- Pulsar aceptar e cumprimentar todos os datos que se solicitan. A clave deberá ter entre 5 e 10 letras.
- A partir de agora poderá entrar na páxina principal poñendo como usuario o número do DNI e como contrasinal a clave que puxo anteriormente (no punto 4).