Para as miradas atentas …
Conmemorando o Día Internacional da Muller (8 de marzo), o Obradoiro da Igualdade do IES San Clemente convoca o 4º Certame de Fotografía “MULLERES NA SOMBRA”.
B A S E S
1.- Poderán participar todos os membros da comunidade educativa (alumnado, profesorado e PAS).
2.- As fotografías deberán ser orixinais, inéditas e deberán visualizar o papel e a participación das mulleres en todos os ámbitos.
3.- As fotografías deberán ter un título e vir acompañadas dunha frase que explique o seu significado.
4.- Non se poderán empregar imaxes ou nomes que identifiquen marcas comerciais nin persoas das que non se dispoña de autorización para a difusión da súa imaxe.
5.- As fotografías deberán enviarse por correo electrónico a igualdade@iessanclemente.net indicando o título, a frase que a acompaña e os datos persoais dos/das participantes.
6.- O prazo de participación estará aberto dende o dia 22 de febreiro ata o 05 de marzo do 2022 ás 23:59 horas. Non se admitirán fotografías recibidas con posterioridade a esa data.
7. Premiarase a beleza, orixinalidade e o significado contido no material achegado.
8.- As fotografías que non cumpran os criterios determinados nestas bases non serán consideradas, e tampouco aquelas cuxo tema non sexa o sinalado nestas bases ou que podan resultar ofensivas.
9.- Concederanse tres premios en cheques para libros ou material informático a elixir valorados en:
- 1º Premio: 60€
- 2º Premio: 40€
- 3º Premio: 30€
Os traballos premiados publicaránse na web e no INSTAGRAM do instituto, e desde o Obradoiro da Igualdade poñerémonos en contacto coas persoas gañadoras para establecer a forma de entrega dos premios.
10.- O xurado será o Obradoiro da Igualdade do IES San Clemente, podendo contar coa colaboración de persoal docente do centro.
11.- O veredicto do xurado será inapelable.
12.- A participación no certame supón a aceptación destas bases.