13º Concurso de creación de Marcapáxinas Letras Galegas 2023 – Francisco Fernández del Riego


O EDLG do IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca un concurso de elaboración de marcapáxinas relacionados co autor homenaxeado no ano 2023 polo Día das Letras
Galegas (17 de maio).

 

 

BASES

1. Poderá participar o alumnado de calquera centro de Europa, ademais de todo o alumnado do IES San Clemente.

2. O marcapáxinas debe recoller algunha imaxe relacionada co autor ou a súa obra e tamén algún texto alusivo, fragmento, frase curta etc, sobre a súa obra en galego.

3. Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos. O prazo de admisión rematará o 1 de maio ás 23:59 horas e o xurado dará a coñecer a súa decisión na semana das “Letras Galegas”.

4. Admitirase un traballo como máximo por cada participante.

5. Cada marcador deberá ter dúas caras, medidas de 18×5 cm, formato PNG e resolución 300dpi.

6. Os traballos enviaranse ao enderezo edlg@iessanclemente.net xunto cos datos persoais da persoa participante

7. O IES San Clemente realizará unha exposición con todos os marcadores presentados a concurso.

8. Haberá un primeiro premio por valor de 100€, un segundo por valor de 75€ e un terceiro por valor de 50€, en material escolar ou informático. Se a calidade dos traballos o merece, poderán concederse accésits.

9. A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes bases.

Proxecto eTwinning: 13º Concurso de creación de Marcapáxinas Letras Galegas 2023 – Francisco Fernández del Riego | ESEP (europa.eu)