3º Certame radiofónico – Mulleres na sombra

En colaboración coa EOI de Vilagarcía de Arousa, propoñemos unha actividade radiofónica.

Trátase de escoller unha científica, actriz, escritora, etc. pouco coñecida e gravar un audio falando dela, de por que debería ser valorizada. A voz da gravación debe ser preferiblemente feminina, e o resultado final usarase para participar na canle “EXÓTICAS” de Radio Maré.

Podedes ouvir os episodios xa publicados para telos como referencia, en Spotify e en iVoox:

 

BASES

1.- O obradoiro de igualdade do IES San Clemente convoca o 3º Certame radiofónico – “Mulleres na sombra”.

2.- Poderán participar todos os membros da comunidade educativa (alumnado, profesorado e PAS) do IES San Clemente e o alumnado doutros centros por medio do proxecto eTwinning relacionado.

3.- Os arquivos que vaian ser enviados para publicación na radio deberán cumprir coas seguintes características:

  • formato mp3 e cun máximo de 300MB
  • bitrate superior a 16Kbps
  • máximo de 4 minutos de duración por audio.
  • NON debe levar música de fondo, xa que será incluída polo equipo de edición antes de ser publicado na canle.
  • falar claro, devagar, sen eco nin ruídos de fondo.
  • deberán ter tamén unha pequena despedida e peche da emisión

4.- Os audios deberán enviarse por correo electrónico a igualdade@iessanclemente.net indicando:

  • Título
  • Nome completo dos/das participantes.
  • Curso (para participantes que son alumnado)

5.- O prazo máximo de entrega dos traballos é o 15 de maio de 2023 ás 23:59 horas.

6.- O alumnado participante optará a tres premios valorados en:

  • 1º Premio: 100€
  • 2º Premio: 75€
  • 3º Premio: 50€

7.- Os traballos recibidos serán publicados en: “EXÓTICAS” de Radio Maré e en LusoMicroFonia do Clube do IES San Clemente.

8.- Desde o Obradoiro de Igualdade poñerémonos en contacto coas persoas gañadoras para establecer a forma de entrega dos premios.

9.- O xurado estará composto polos/as integrantes do Obradoiro de Igualdade do IES San Clemente, podendo contar coa colaboración de outro persoal docente externo ó centro.

10.- O veredicto do xurado, que será inapelable, darase a coñecer unha vez rematado o prazo de entrega.

11.- A participación no certame supón a aceptación destas bases.