Oferta de emprego Azvai

Oferta de emprego Azvai

Desarrollador Apps Junior

Sobre a empresa

Azvai é un proxecto empresarial que busca contribuír a crear un mundo mellor, dende a
sustentabilidade e a ética do traballo. Queremos construír un equipo apaixonado pola natureza e a
xustiza social, onde cada persoa poida expresarse de forma auténtica, traendo os seus valores e
forma de ver o mundo.

A visión e posicionar a Azvai como unha consultaría de innovación e sustentabilidade, aínda que
como empresa xove que somos temos a oportunidade de definir a dirección de crecemento de forma
conxunta.

Gran parte do noso traballo nestes momentos consiste en prestar servizos de xestión de proxectos
dixitais para clientes estranxeiros.

Responsabilidades

Este rol responde á necesidade de programar e manter unha aplicación móbil multiplataforma
(React Native) que consiste nun repositorio de sons da natureza (unha especie de Spotify de sons
da natureza), para o proxecto earth.fm.

A carga de traballo podería axustarse para colaborar noutros proxectos dixitais, polo que se valoran
coñecementos xerais de programación web e/ou ciencia de datos.

Perfil

Buscamos a unha persoa dinámica, con iniciativa e espírito emprendedor, pois estarase unindo a
unha empresa en plena fase de constitución, onde os procesos non estarán perfectamente
definidos.

Tamén desexamos que a candidata ou candidato se considere unha persoa positiva e resiliente,
pois as tarefas a realizar a miúdo poden resultar aburridas e/ou frustrantes.
Pola contra, ofrecemos unha oportunidade de formarse e crecer rápido profesionalmente, e aínda
que algunhas tarefas sexan aburridas, trataremos de que a persoa poida configurar e deseñar o
seu posto de traballo na medida do posible, para que se atope cómoda coas súas
responsabilidades.

Idealmente gustaríanos que esta persoa nos acompañe no longo prazo, pasando a un contrato
indefinido tras concluír as prácticas, no caso de que ambas partes estiveran contentas.

Cualificacións

  • Coñecementos de programación de apps (idealmente React Native)
  • Boa capacidade de comunicación en Inglés.

Condicións

  • Contrato en prácticas remuneradas con opción a posto permanente para candidatos sen
    experiencia laboral.
  • Contrato indefinido para candidatos con experiencia laboral.
  • Ofrecerase a oportunidade de dedicar un 10% do tempo a lanzar ou apoiar novos proxectos
    innovadores que nos apaixonen como equipo.
  • O traballo realizarase de forma híbrida, combinando o traballo en remoto con traballo
    presencial en Santiago de Compostela.
  • 36 horas semanais con horario flexible (a acordar).

As persoas interesadas poden enviar o seu CV a: 

borjablm@gmail.com

Att: Borja