Ciclos PluriFP – Informe final 2022/2023

Informe dos dous ciclos PluriFP en portugués do IES San Clemente

Durante o presente ano escolar, finalizamos o primeiro ano do ciclo PluriFP ASIR e iniciamos o segundo, cos módulos FH e ASXDB impartidos integramente en portugués.

Tamén concluímos o cuarto ano do ciclo PluriFP SMR e iniciamos o quinto, cos módulos AO e SR impartidos na mesma lingua estranxeira.

Nos catro grupos, traballamos en asociación con centros homólogos de Braga e Sintra, realizáronse mobilidades Erasmus+ e exames oficiais de certificación de Lingua Estranxeira. Continuou a utilizarse o portugués como lingua vehicular, nas explicacións do profesorado, nas interfaces das aplicacións, nos manuais redactados polo alumnado, etc.

Grande parte do alumnado continuará a súa formación no próximo ano. Estes son os resultados parciais a día de hoxe:

  • 81 exames modelo (para adestramento) do CAPLE-FLUL en decembro e marzo.
  • 35 estudantes realizaron ou van realizar proximamente o exame de certificación de nivel B1 ou B2 no CAPLE coa axuda económica da Consellaría de Educación. A finais de 2023 informaremos dos resultados.
  • 9 estudantes certificaron a través do Instituto Camões.
  • 17 mobilidades Erasmus+ para prácticas en empresas do Porto, Braga e Lisboa.
  • Proxecto eTwinning SOLE co AE Carlos Amarante de Braga e co AE Monte da Lua de Sintra, ambos de FP.
  • A reunión coas familias, nesta ocasión, non se celebrou.
  • Módulos Português Língua Estrangeira Profissional I e II

Asimesmo recibiron unha axuda económica para a inscrición nos exames oficiais. Pódese consultar aquí toda a información relativa a estas axudas.

Informe dos dous ciclos PluriFP en inglés do IES San Clemente

Durante o presente ano escolar titulou a primeira promoción do ciclo PluriFP de Desenvolvemento de Aplicacións Web e a terceira promoción do ciclo pluriFP de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma.

Este alumnado preparouse para poder comunicarse e desenvolver o seu futuro traballo na empresa non solo en galego e castelán senón tamén en inglés, o cal lle abrirá moitas portas no mercado laboral.

Recibiron clases especializadas nas que se familiarizaron no uso da lingua inglesa.

Melloraron as súas competencias comunicativas nesta lingua coa axuda do auxiliar de conversa irlandés que nos acompañou ao longo deste curso, Andrew Mulligan.

Puideron asistir a dúas horas semanais de clases de inglés impartidas por profesorado con ampla experiencia no ensino desta lingua e na preparación das probas oficiais de certificación.

Participaron nunha inmersión linguística en Dublín, na que puideron coñecer un pouco máis este país dende o punto de vista cultural e tamén laboral.

Grazas ao seu dominio do inglés puideron realizar con éxito prácticas noutros países a través do programa Erasmus+.

Ademais recibiron unha axuda económica da Consellería para conseguir unha certificación oficial en lingua inglesa. Os resultados de que dispoñemos o 27 de xuño de 2023 (estamos pendentes da corrección de exames e comunicación de resultados por parte dalgunhas das institucións participantes) son:

  • Escola Oficial de Idiomas: Dous alumnos certificaron en C1, un alumno en B2 e un alumno en B1.
  • Oxford: 6 alumnos/as obtiveron o certificado B1 e 16 alumnos/as obtiveron o certificado B2. Estamos pendentes de coñecer os resultados de 7 alumnos/as máis que realizaron o exame a semana pasada.
  • Trinity: 13 alumnos/as obtiveron o certificado de nivel C1.

Pódese consultar aquí toda a información relativa a estas axudas económicas.