No ano 2022/2023 organizamos por segunda vez o exame de certificación “Camões Júnior”, do Instituto Camões.
Trátase dunha certificación oficial externa de portugués para alumnado menor de idade e ANEE.
Nesta ocasión participaron once estudantes de SMR e ASIR, dos cales certificaron: tres nivel A1, catro o A2 e dous o B1.
No día 27 de setembro de 2023 celebramos o acto de entrega de diplomas. Parte do alumnado recibiu persoalmente os certificados das mans do director do IES San Clemente Víctor Lourido. O evento tamén contou coa presenza de parte do equipo docente de PluriFP Informática en portugués, Marcos Arias e do vicedirector Miguel G. Duarte.
* * *
Esta é unha das moitas oportunidades que ofrece o IES San Clemente relacionadas co programa PluriFP, que complementa a certificación no CAPLE da Universidade de Lisboa, onde habitualmente certifican os nivel B1 e B2 os estudantes de SMR e ASIR. Outras actividades relacionadas son as mobilidades Erasmus+ a empresas de Portugal e os proxectos eTwinning con centros de FP portugueses e brasileiros.