Curso de desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web

Grupo Academia Postal imparte en Santiago de Compostela unha formación gratuíta subvencionada dirixida a persoas empregadas e desempregadas. Trátase dun curso de 590 horas, con 80 horas de prácticas en empresas, promovido pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. Permite completar a formación recibida nos ciclos superiores de Administración de  sistemas informáticos en rede e Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma, e ao finalizar o curso obtense un certificado de profesionalidade (unha acreditación oficial recollida no Catálogo Nacional de Cualificaciones Profesionales).

O curso comeza o 16 de outubro e aínda quedan prazas libres.

Máis información:
https://www.academiapostal.es/cursos-para-persoas-desempregadas-2023-2024formacion-oficialxunta-de-galiciaaberto-prazo-de-inscricion/